Tệp APK (Bộ gói Android) là tệp thô của ứng dụng Android. Tìm hiểu cách cài đặt tutuengalego.apk tệp trên điện thoại của bạn trong 4 bước đơn giản:
Đúng. Chúng tôi cung cấp một số bản sao tải xuống Apk an toàn nhất để nhận TutuEnGalego apk.
Aprende e divírtete no mundo de Tutu e os seus amigos. Coñece a Fante, Rafa, Nina, Vella e Tupa! Xoga con eles mentres descobres as cores, os números e moitas cousas máis. TUTU axuda a desenvolve-las capacidades dos máis pequenos da casa. O programa de aprendizaxe deseñado polo equipo de educadores está baseado nos estudios de Jean Piaget, Psicología Evolutiva e Howard Gardner, Teoría das intelixencías Múltiples. Os xogos están orientados ó estado preconceptual, de 2 a 5 anos e divididos en catro bloques que potencian as capacidades dos peques. Se executan paralelamente ás primeiras materias do plan de estudios da escola infantil, que promove o desenvolvimiento das intelixencias múltiples. O REDIL: Primeiras accións sobre obxectos e colección, fomentando a construción de relacións. Estimula o desenvolvimiento das capacidades lóxico-matemáticas actuando sobre conxuntos: agrupación, distribución, clasificación, realización de correspondencias, discriminación de atributos, resolución de conflitos e relacións de pertenencia-non-pertenencia. A actividade é ademais unha introdución á cuantificación e á coordinación motora traballando sobre nocións básicas de orientación (hacia, hasta, dende...) OVELLAS: Iniciación á cuantificación de elementos, a súa asociación, ó coñecemento dos números, as súas grafías e o recoñecemento de magnitudes relativas ós números elementais, facilitando as primeiras experiencias coas habilidades lóxico-matemáticas. Traballo con nocións elementais de orientación espacial: poñendo en relación obxectos, expresando a súa posición con respecto ó espazo con nocións topolóxicas básicas (preto, lonxe, dentro, fora) e a identificación dos cores primarios O AUTOBUS: Desenvolvemento da percepción, o barrido visual do espazo e as capacidades cognitivas. Percepción de semellanzas e diferenzas entre obxectos. Fomenta ó uso da memoria e a súa posterior aplicación á tarea. WACK A MOLE: Estimulación das capacidades motrices e a intelixencia corporal cinestésica. Manexo de actividades que requiren de rapidez, coordinación oculo-manual, ubicación de sí mesmo e de otros obxectos no espazo. TUTU é en definitiva un complemento ideal para a ensinanza infantil regrada ademais dunha ferramenta excepcional para á introdución a conceptos básicos que se traballarán posteriormente na aula. Os niveis están deseñados coma os bits de intelixencia que se empregan habitualmente nas clases, con un coidado e colorido deseño tanto dos entornos coma dos personaxes. Ven a xogar con TUTU!
Apk Mirror 1: : Tải về APK
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|